O xogo de mesa MOON: 1110011 é unha experiencia educativa que permite de 1 a 4 xogadores poñerse no papel do ordenador do módulo lunar Eagle durante o histórico aluaxe de 1969. Tres minutos antes de aterrar, o computador da nave sufriu un fallo; porén, grazas ao enxeño do equipo liderado por Margaret Hamilton, evitouse un desastre. Neste xogo, os participantes emulan esas rutinas de software intelixentes para axudar aos astronautas a aterrar de forma segura.
A través de MOON: 1110011, os xogadores aprenderán a contar en binario, realizar operacións lóxicas e matemáticas, e reparar fallos técnicos que poidan xurdir durante a misión. O xogo está dispoñible en varios formatos:
- Versión Imprimir e Xogar: Podes descargar e imprimir as cartas do xogo para xogar na casa.
- Versión en liña: Existe unha versión dixital accesible a través de navegadores web.
- Versión móbil: Tamén está dispoñible unha aplicación móbil para xogar en dispositivos Android.
Ligazon as versións: https://compus.deusto.es/es/moon-1110011/
Banda sonora do video:
-
Terbutalina:Está vostede aquí https://folcrecords.bandcamp.com/track/est-vostede-aqu?from=search&search_item_id=3338053593&search_item_type=t&search_match_part=%3F&search_page_id=4024710622&search_page_no=0&search_rank=1&logged_in_menubar=true
-
Terbutalina: Antonte vinte https://folcrecords.bandcamp.com/track/antonte-vinte?from=search&search_item_id=3682563870&search_item_type=t&search_match_part=%3F&search_page_id=4024707359&search_page_no=0&search_rank=1&logged_in_menubar=true